Unha vintena de mozos desempregados de Ferrol fórmanse en márketing dixital nun curso impulsado pola Xunta e Incyde
Ferrol, 13 de xuño de 2018
  • whatsapp

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, entregou hoxe en Ferrol os diplomas do curso desenvolvido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Fundación Incyde no Centro de Formación Ocupacional ferrolán, que permitiu formarse en márketing dixital e emprendemento a 22 mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego.

A iniciativa forma parte dos acordos de colaboración en materia de formación no eido comercial nos que a Xunta coopera coa Fundación Incyde, que contan cun orzamento conxunto de 300.000 euros e que inclúen tamén accións destinadas á creación e diagnose de plans de acción para a mellora da competitividade do sector.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/06/2018