A Xunta participa en Vigo nun simulacro de emerxencia dun accidente aéreo no mar

O obxectivo do exercicio foi probar a resposta ante un posible accidente de avión na ría de Vigo

Búscase avaliar os procedementos de actuación e de coordinación dos distintos axentes ante unha emerxencia destas características
 

  • whatsapp

Vigo, 22 de xuño de 2018.- A Xunta participou hoxe en Vigo no simulacro de emerxencia dun accidente aéreo na ría co obxectivo de avaliar os procedementos de actuacións existentes, así como a coordinación dos distintos axentes que estarían implicados na atención a unha situación destas características.

A Administración autonómica exerceu como coordinadora do exercicio, en tanto un accidente como este supón a activación do nivel II do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga). Hai que ter en conta que nestes casos tamén se activa o Plan de autoprotección do aeroporto de Vigo.

O simulacro baseouse no suposto dunha aeronave que empeza a perder altura, polo que non pode regresar ao aeroporto, e ten que proceder a realizar unha amerizaxe na Ría de Vigo.

No exercicio interviron, ademais da Xunta e o aeroporto de Vigo, outros medios e institucións como SASEMAR, a Autoridade Portuaria de Vigo, a Capitanía Marítima, Protección Civil, Cruz Vermella, os servizos de urxencias do SERGAS, Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local, a navieira Mar de Ons, prácticos e remolcadores do Porto, e a subdelegación de Goberno.
 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 22/06/2018