A Xunta realizará esta noite traballos de pavimentación na estrada PO-325, en Navia, no concello de Vigo

Estes traballos están enmarcados na execución do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-325, en Navia, entre os puntos quilométricos 0 e 1+700

Para a execución destas actuacións será preciso ocupar un dos carrís da citada vía, establecendo tráfico alternativo polo outro

Estas obras prográmanse en horario nocturno, entre as 22:00 as 10:00 horas aproximadamente, para minimizar a afección aos usuarios desta estrada

O itinerario está incluído no Plan de Sendas de Galicia, que na comarca de Vigo contempla 12,5 km de sendas e un investimento duns 5 millóns de euros
 

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2018
  • whatsapp

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda acometerá esta noite actuacións de pavimentación no marco das obras de construción do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-325, en Navia, no Concello de Vigo, entre os puntos quilométricos 0 e 1+700.

Para a execución destes traballos será preciso ocupar un dos carrís da citada estrada, establecendo tráfico alternativo polo outro.

Estes traballos prográmanse en horario nocturno, entre as 22:00 as 10:00 horas aproximadamente, para minimizar a afección aos usuarios desta estrada.

A pavimentación realizarase en zonas puntuais como na área dunha parada de autobús e tamén se reporá o firme en zonas de cruces de canalizacións e naqueles puntos nos que sexa necesario.

Trátase dunha senda que ten como finalidade mellorar a conectividade e os accesos peonís da parroquia de Navia coa Avenida Ricardo Mella. Esta infraestrutura facilitará os desprazamentos cotiás dos veciños, que os poderán realizar dun xeito máis cómodo e seguro.

Este itinerario está incluído no Plan de Sendas de Galicia que, para a comarca de Vigo se traduce na execución de 9 proxectos, 12,5 km de itinerarios e un investimento de 5 millóns de euros.
 

Data de actualización: 10/08/2018