A Consellería do Mar destaca o valor da regata "La Solitaire Urgo Le Figaro" como escaparate da náutica galega en Europa
Porto do Son (A Coruña), 7 de setembro de 2018
  • whatsapp

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou a importancia que supón que a regata “La Solitaire Urgo Le Figaro”, que se celebrou na ría de Muros-Noia, recale nas instalacións náuticas da zona do Barbanza. Así o puxo en valor a titular de mar na entrega de premios desta regata, unha das máis prestixiosas do mundo da náutica e da navegación en solitario.

O evento, segundo explicou Rosa Quintana, supuxo un elemento adicional de promoción da náutica e axuda a difundir máis a oferta que ten Galicia neste eido de cara a atraer máis tráficos procedentes de Europa, dar a coñecer a ría no exterior e desestacionalizar o turismo.

 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 07/09/2018