Medio Rural e o Concello de Vilarmaior estudan novas vías para reforzar a súa colaboración na prevención de incendios

O alcalde deste municipio coruñés solicitou a posibilidade de contar cun tractor para roza, petición que a conselleira Ángeles Vázquez comprometeuse a avaliar
 

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018
  • whatsapp

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe co alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez, para abordar asuntos relacionados co agro neste concello coruñés e coñecer así de primeira man as necesidades e demandas dos seus veciños.

Neste contexto, a conselleira tomou nota da solicitude que lle trasladou o rexedor para poder contar cun tractor con dúas rozadoras, co fin de levar cabo as limpezas en pistas municipais, masas comúns e faixas secundarias para previr incendios forestais no seu territorio.

Ángeles Vázquez sinalou ao respecto que se estudiará, como todas as peticións, a dispoñibilidade orzamentaria e recalcou que o obxectivo é chegar este ano aos 70 concellos galegos aos que se lles facilitou esta maquinaria, ben a través de achegas económicas para a súa compra ou autorizando o seu uso. O concello de Vilarmaior ten actualmente asinado un convenio coa Consellería do Medio Rural para a prevención de incendios forestais dentro da liña de rozas mecanizadas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/09/2018