A Xunta respalda o naval ferrolán no amadriñamento do buque de acción marítima Furor
Ferrol, 14 de setembro de 2018
  • whatsapp

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, respaldaron hoxe, no amadriñamento do Buque de Acción Marítima (BAM) Furor construído por Navantia, o labor do estaleiro e das empresas auxiliares. Trátase dun sector estratéxico para Galicia que está a xerar máis de 15.000 empregos na comarca e que nos últimos anos está a dar importantes pasos con proxectos por preto de 2000 millóns de euros.

Os buques de Acción Marítima da Armada Española son barcos de 94 metros de eslora por 14 de manga, que desprazan 2.700 toneladas a plena carga. Cada buque supón 1,1 millóns de horas de traballo, o que se traduce en 300 empregos directos e 300 indirectos. O Furor, cuxa construción foi aprobada en 2014, é o primeiro buque deste tipo que se constrúe en Navantia Ferrol.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/09/2018