A Xunta realizará mañá traballos de mantemento no ramal de enlace da estrada PO-510 coa A-55, no concello do Porriño

Para a execución das obras será preciso cortar o tráfico neste ramal, no treito da estrada autonómica, Atios – Oleiros

Para facilitar a circulación se establecen desvíos alternativos polo polígono As Gándaras - A Granxa

Esta intervención prográmase en sábado para minimizar a afección aos usuarios desta estrada
 

  • whatsapp

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda realizará mañá traballos de mantemento no ramal de enlace da estrada PO-510 coa A-55, no Concello do Porriño. Esta intervención consiste na realización labores de reparación da xunta de dilatación da estrutura do ramal de accesos á A-55.

Durante a execución das obras está previsto realizar o corte no citado ramal de enlace da estrada autonómica PO-510, no treito Atios – Oleiros, coa a A-55 en sentido Vigo, no polígono de As Gándaras - A Granxa, no Concello do Porriño.
Para facilitar a circulación se establecerá un desvío alternativo polo polígono industrial, e os usuarios que desexen acceder á A-55 en sentido Vigo poderán facelo a través do outro enlace existente no mesmo polígono, situado aproximadamente a 2,5 km do ramal que se corta.
Esta intervención executase en fin de semana para minimizar a súa incidencia no tráfico, máis elevado de luns a venres. Este desvío do tráfico se efectuará entre as 08:00 horas e as 18:00 horas deste sábado, tempo estimado de duración dos traballos.
 

Data de actualización: 21/09/2018