Desactivada a “situación 2” no incendio forestal, xa estabilizado, no municipio pontevedrés de Mondariz

Esta situación operativa decretouse porque o lume podía afectar á poboación e a bens non forestais, neste caso ao núcleo de Barro, na parroquia de Gargamala

Permanece controlado o incendio no concello de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta 18,89 hectáreas de monte raso do parque natural do Xurés
 

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural desactivou a “Situación 2” no incendio forestal xa estabilizado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Sabaxáns. Esta situación operativa de emerxencia declarouse onte á tarde por proximidade do lume ao núcleo de Barro, na parroquia de Gargamala, e desactivouse cando xa non había perigo para a poboación.

Este incendio comezou ás 18,17 h. da tarde de onte e quedou estabilizado ás 7,30 h. desta mañá. Segundo novas estimacións, afecta 150 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 10 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, 4 pas, 1 tractor e 10 helicópteros.

CONTROLADO Muíños
Permanece controlado desde as 16,55 h. do sábado o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 16 axentes, 36 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 08/10/2018