Máis do 63% das confrarías de pescadores revalidan no seu posto aos seus patróns maiores

Hoxe foron proclamados definitivamente os patróns/oas maiores elixidos nas 63 confrarías de pescadores de Galicia

O seguinte paso é a toma de posesión do seu cargo, este venres 26 de outubro
 

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

Un total de 40 patróns/as maiores das confrarías galegas renovaron o seu cargo tralas eleccións realizadas ás confrarías de Galicia o pasado 29 de setembro, nas que as 63 confrarías votaron nun proceso electoral único e simultáneo para elixir aos seus representantes. Hoxe foron proclamados definitivamente os patróns/oas maiores elixidos nas 63 confrarías e o seguinte paso será o da toma de posesión, que se celebrará este venres 26 de outubro.

Un total de 23 novos rostros poranse á fronte das confrarías de Galicia, mentres que o resto revalidan o seu cargo. En total 6 son mulleres e 5 delas repiten responsabilidade. A duración do mandato do patrón/a maior e do resto dos órganos das confrarías –xunta xeral e cabido- será de catro anos, podendo ser reelixidos por períodos de igual duración.

Desenvolvemento do proceso

Todos os pasos do desenvolvemento do proceso electoral veñen explicados na normativa de convocatoria de eleccións e que regula todo o proceso electoral nas confrarías de pescadores. Tal e como establece esta normativa, os comicios desenvólvense en tres partes.

En primeiro lugar realizáronse as eleccións nas confrarías de pescadores de Galicia. Nesta parte, unha vez proclamados de xeito definitivo os vogais da xunta xeral de cada confraría, tomaron posesión dos seus cargos na súa sesión constitutiva. Neste primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral, realizouse o procedemento para elixir ao patrón/oa maior, vicepatróns/oas maiores e vogais do cabido. Hoxe foron proclamados definitivamente os 63 patróns/oas maiores das confrarías e este venres, 26 de outubro tomarán posesión. O seguinte paso é a celebración das votacións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.

Patróns/as maiores de Galicia
 

CONFRADÍA DE PESCADORES
PATRÓN/OA
 
LUGO
 
O VICEDO

Diego Pernas Lamelas

RIBADEO

Javier Martínez Otero

BURELA

José Basilio Otero Rodríguez*

SAN CIBRAO

Javier Sánchez Fernández*

CELEIRO

Domingo Rey Seijas*

FOZ

José Juan Lestegás Iglesias*

 
A CORUÑA
 
 
SADA
Alejandro Pérez Méndez
MERA
Francisco Manuel Sánchez Neira
ESPASANTE
José Luis Martínez Rego*
A CORUÑA
Felipe Canosa Entonado*
CORCUBIÓN
Urbano Suárez Canosa
FISTERRA
José Manuel Martínez Escarís*
LIRA
José Mariano Lago Louro*
ARES
Manuel Montero Toimil
MUROS
Manuel Daniel Formoso Moledo*
PALMEIRA
Miguel Franco Parada*
CEDEIRA
Eduardo González López
LAXE
Manuel Villar Vidal *
CAIÓN
José Hector Morgade Carracedo*
RIBEIRA
José Antonio Pérez Sieira*
MIÑO
José Manuel Fernández Lage
MALPICA
Pedro Pérez Martelo*
PORTOSÍN
Iván Carreño Otero*
FERROL
María Isabel Maroño Vázquez*
AGUIÑO
José Antonio Santamaría Sampedro*
BARALLOBRE
Jorge López Pena
MUGARDOS
Omar Enrique Lucci Muñoa
CAMARIÑAS
José Ramón Lema Romero
CABO DE CRUZ
José Manuel Pérez Cebreiro
CAMELLE
Juan José Bermúdez Tajes *
POBRA DO CARAMIÑAL
Enrique Maceiras Fernández
O BARQUEIRO
Antonio Gómez González *
LORBÉ
Emilio Méndez Gómez*
RIANXO
Miguel Ángel Iglesias Romero*
MUXÍA
Daniel Castro Fernández*
CARIÑO
Javier Pita López
O PINDO
Fernando Siaba Espasandín
NOIA
Santiago Cruz Martínez *
PONTEDEUME
Santiago Salgado Amado
PORTO DO SON
Emilio Queiruga Santamaría
CORME
Roberto Vidal Pombo
 
PONTEVEDRA
 
 
LOURIZÁN

Mari Carmen Vázquez Nores*

BAIONA

Susana González Álvarez

CANGAS

Francisco Javier Costa García*

MARÍN

Enrique González López*

PORTONOVO

Juan José Besada Rico

VILAXOÁN

Joaquín Santos Pérez

MOAÑA

José Antonio Currás Costas*

VILANOVA

Mª José Vales Martínez*

VILABOA

Mª del Carmen Cortegoso Gómez*

VIGO

Iago Soto García

RAXÓ

Iago Tomé Blanco*

PONTEVEDRA

César Rodríguez Piñeiro*

A ILLA

Juan José Rial Millán*

CARRIL

José Luis Villanueva Vicente*

ARCADE

Juan Alberto Cal Dacosta

A GUARDA

Silvia María Crespo Campos*

BUEU

José Manuel Rosas Otero*

REDONDELA

Clemente Bastos Estévez*

CAMBADOS

Ruperto Costa Fernández*

SANXENXO

Sauro Martínez Durán*

O GROVE

Antonio Manuel Otero Aguin*

ALDÁN

Juan Manuel Gregorio Vaqueiro*

 
*Repiten como Patrón/oa Maior
Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 25/10/2018