Unha delegación do servizo do 112 danés visitou as instalacións do CIAE 112

Na actualidade están estudando a implantación dun novo modelo de xestión de emerxencias e, con este motivo, a representación danesa incluíu na súa folla de ruta a visita a varios centros europeos.

A Estrada (Pontevedra), 21 de novembro de 2018

O CIAE 112 recibiu esta mañá a visita dunha comisión procedente do servizo do 112 de Dinamarca, que estivo composta por cinco xestores do 112 do país danés. A comisión, que puido coñecer as instalacións e o equipamento do Grupo de Apoio Loxístico, estivo representada tanto pola Xerencia, coma pola parte tecnolóxica e de operacións.

A reunión celebrada no CIAE 112 levouse a cabo grazas as boas referencias aportadas por outros centros 112 que estaban a visitar, o que fixo que a delegación se achegase desde a súa anterior visita, en Valencia, ata o centro da Estrada.

Na actualidade, a representación danesa estuda a posibilidade da implantación dun novo modelo de xestión de emerxencias. Este é o motivo de que incluíran na súa folla de ruta a visita a varios centros europeos, con fin de poder intercambiar experiencias e adquirir ideas doutros lugares que puidesen ser de interese.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/11/2018