O Consello de Dirección do CIXTEC nomea director ao enxeñeiro informático Víctor Coladas

O novo director ten ampla experiencia profesional no eido da consultoría tecnolóxica

Substitúe no cargo a Mauro Fernández Dabouza, que vén de ser nomeado director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
 

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018
  • whatsapp

O consello de dirección do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) nomeou hoxe director deste organismo ao enxeñeiro informático Víctor Coladas. Substitúe no posto a Mauro Fernández Dabouza, que vén de ser nomeado novo director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Víctor Coladas ten 39 anos, é enxeñeiro informático pola Universidade da Coruña e conta con formación especializada en Big Data e en Digital marketing. Na súa traxectoria profesional conta con ampla experiencia no eido da consultoría tecnolóxica, e ata agora traballaba na empresa tecnolóxica Grupo Oesía.

O Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable é un ente de dereito público cuxas funcións son a realización das actividades derivadas da específica natureza da súa xestión, coidando da explotación e do mantemento das aplicacións mecanizadas e da execución dos procesos informáticos, e actuar como órgano de apoio informático aos servizos da Consellería de Facenda.

Departamento: C. de Facenda
Data de actualización: 23/11/2018