Galicia pechou o terceiro trimestre cun superávit do 0,54% e volverá cumprir este ano os seus obxectivos de estabilidade

É unha das doce comunidades con superávit orzamentario ao peche de setembro

O conxunto das autonomías rexistrou un superávit do 0,17%

O límite máximo de déficit autorizado para o conxunto do ano é do 0,4%

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018
  • whatsapp

Galicia pechou o terceiro trimestre do ano cun superávit orzamentario do 0,54% do PIB, tal como vén de avanzar o Ministerio de Facenda, e mantén o seu firme compromiso de cumprir un ano máis os obxectivos de estabilidade orzamentaria fixados no Consello de Política Fiscal e Financeira.

Galicia é unha das doce comunidades autónomas que remataron o terceiro trimestre con superávit nas súas contas. Os datos que vén de publicar a Intervención Xeral do Estado indican que o conxunto das autonomías rexistrou tamén un superávit do 0,17%, e, pola contra, cinco comunidades rexistraron déficit orzamentario.

Neste exercicio 2018, o límite máximo de déficit autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira para todas as comunidades autónomas é do 0,4%. Galicia segue tendo como obxectivo continuar sendo a comunidade de referencia no cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria, achegando solvencia e estabilidade ao conxunto de España.

Este control das contas públicas que leva realizando Galicia durante toda a década combínase coa axilidade da Administración galega no pagamento das súas facturas. De feito, Galicia é a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, cun período medio de pago 24 días inferior á media autonómica, segundo reflicten os últimos datos publicados tamén polo Ministerio de Facenda.

Superávit / Déficit – Setembro 2018 (*CCAA réxime foral)
Canarias
1,41%
 
Andalucía
0,15%
Asturias
0,66%
Extremadura
0,12%

País Vasco*

0,65%
Cantabria
0,07%
La Rioja
0,61%
Aragón
0,05%
Galicia
0,53%

Castilla y León

-0,11%
Baleares
0,45%

Castilla-La Mancha

-0,32%
Media CCAA
0,17%
Navarra*
-0,34%

Com. Madrid

0,17%
Com.Valenciana
-0,35%
Cataluña
0,15%
Murcia
-0,51%

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Facenda
Data de actualización: 27/11/2018