O delegado da Xunta comparte cos nenos do CPR Andersen Augalonga de Vigo un almorzo saudable
Vigo, 4 de decembro de 2018
  • whatsapp

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto á xefa territorial da Consellería de Sanidade, Ángeles Feijóo, desprazáronse hoxe ata o CPR Andersen Augalonga para compartir co alumnado un almorzo saudable. Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Consellería de Sanidade nos centros escolares para fomentar o hábito do almorzo e conquerir unha alimentación saudable e mellorar a saúde bucodental no alumnado.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 04/12/2018