Un total de 100 desempregados da Coruña recibirán asesoramento, formación e prácticas en Agarimo a través dun dos programas integrados de emprego para entidades da Xunta

O delegado territorial visitou esta asociación beneficiada con 250.000 euros para impartir un curso

Ovidio Rodeiro destacou que, na provincia da Coruña, se celebrarán 10 cursos para 1.000 alumnos
 

Arteixo (A Coruña), 04 de decembro de 2018
  • whatsapp

O delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá as instalacións da asociación Agarimo en Arteixo. Unha das entidades beneficiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria pola orde de axudas para implantar Plans Integrados de Emprego en asociacións. Esta entidade recibirá unha achega de 250.000 euros para impartir formación a 100 alumnos.

O representante do goberno autonómico informou que nesta provincia se impartirán en total 10 cursos adxudicados a entidades para formar a 1.000 persoas e suporán un investimento de máis de 2,1 millóns de euros. Concretamente, en UGT Galicia, Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental, Asociación Agarimo, Fundación Laboral da Construción, Fundación Nortempo, Asociación Área Empresarial Polígono do Tambre, Confederación de Empresarios da Coruña, Fundación Paideia Galiza, UGT Fica Galicia e Saúde Mental Feafes Galicia. Para poder acceder a algúns destes cursos os interesados deberán poñerse en contacto con Servizo Público de Emprego.

O obxectivo desta formación é mellorar a preparación das persoas desempregadas e darlles máis opcións para atopar un emprego a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas.

Ovidio Rodeiro apuntou que “desde a Xunta de Galicia se está facendo un esforzo moi importante para axudar ás persoas desempregadas a atopar un emprego. O noso obxectivo é conseguir que os los alumnos reciban a formación específica e demandada polas empresas da comarca, ademais doutros cursos máis de carácter máis xeral”. Neste senso, destacou que “neste momento hai necesidades de traballadores en empresas da contorna que requiren una formación moi concreta e iso é o o tratamos de impartir nestes plans”.

Aos cursos adxudicados aos concellos dentro do PIE hai que engadirlles os adxudicados aos concellos. Nesta provincia a Xunta vai desenvolver, nesta nova convocatoria, un total de nove programas integrados grazas a un investimento que supera os 1,7 millóns e chegarán a 900 desempregados coa participación de 20 concellos.

En total, a Xunta formará na provincia da Coruña a través dos Plans Integrados de Emprego.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 04/12/2018