Xunta e asociacións de ludópatas colaborarán en materia de orientación e asesoramento en xogo responsable

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou convenios coas Asociacións Galega de Xogadores Anónimos e de Ludópatas e Rehabilitación, en materia de xogo responsable

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018
  • whatsapp

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou que o Goberno galego colaborará en materia de orientación e asesoramento en xogo responsable.

Alfonso Rueda asinou dous convenios de colaboración con representantes da Asociación Galega de Xogadores Anónimos (AGAJA) e da Asociación Galega de Ludópatas en Rehabilitación (AGALURE) para o apoio de accións de prevención, promoción, divulgación, información, asesoramento en materia de xogo responsable.

A Asociación Galega de Xogadores Anónimos (AGAJA) ocúpase de ofrecer atención especializada a persoas que padecen ludopatía e problemas derivados da adicción ao xogo, así como a realizar funcións de información, orientación e sensibilización ao conxunto da sociedade.

Por outra banda, a Asociación Galega de Ludópatas en Rehabilitación ofrece ás persoas afectadas que padecen ludopatía ou outras adicción sen substancias ou comportamentais e ao seu entorno, atención médica, psicoterapéutica, asesoramento xurídico e os apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 05/12/2018