91 centros incorporan o programa “Club de ciencia” este curso para promover o espírito científico entre o seu alumnado

Trátase dunha iniciativa da Consellería de Educación ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital 2020 co obxectivo de fomentar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre os estudantes

Os Clubs desenvolveranse en 44 centros da provincia da Coruña, 28 de Pontevedra, 10 de Lugo e 9 de Ourense, que recibirán unha achega de 1.500 euros para o desenvolvemento do proxecto
 

Santiago de Compostela, 07 de decembro de 2018
  • whatsapp

Un total de 91 centros educativos públicos (62 máis que o curso pasado) desenvolverán durante o presente curso 2018/19 o ‘Club de ciencia’, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.

Esta acción -que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020- desenvolverase en 44 centros da provincia da Coruña, 10 de Lugo, 9 de Ourense e 28 de Pontevedra, tal como queda recollido na resolución definitiva que pode consultarse no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26514 .

Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.500 euros para cada centro, nacen como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas.

Este é o terceiro ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa, que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 con 9 centros e que se ampliou a 29 o pasado curso 2017/18. Agora, ao abeiro da convocatoria deste ano, incorpóranse outros 62 novos centros ao ‘Club de ciencia’, o que fai un total de 91 centros de ensino público.

O obxectivo da mesma pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.

Aprendizaxe mediante indagación e resolución de problemas

O ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problemas.

Neste sentido, a creación deste espazo no centro pode converterse nun escenario propicio para desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan capacidades, coñecementos e técnicas que aumenten o interese dos participantes por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.

O proxecto ten que desenvolverse fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. Este horario deberá cumprir, como mínimo, unha media de catro horas ao mes, comezando a partir da concesión definitiva do proxecto, ata final do período lectivo do alumnado durante o curso 2018/19.

Esta acción enmárcase na Estratexia galega para a educación dixital 2020, Edudixital, con dous obxectivos principais que son lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica. Por outro lado, tamén se pretende romper coa fenda de xénero nos estudos STEM.

Listaxe de centros con `Club de Ciencia´
Provincia da Coruña:

Centro
Concello
Curso 2016-17
Curso 2017-18
Curso 2018-19

CEIP Pl San Marcos

Abegondo

0
0
x

CEIP Ponte dos Brozos

Arteixo

0
0
x

IES Francisco Aguiar

Betanzos

0
0
x

CPI As Revoltas

Cabana de Bergantiños

0
x
x

IES Agra de Raíces

Cee

0
0
x

CPI Pl O Cruce

Cerceda

0
0
x

IES Agra do Orzán

A Coruña

0
x
x

IES Ramón Menéndez Pidal

A Coruña

0
0
x

IES Urbano Lugrís

A Coruña

0
0
x

CEE Nosa Señora do Rosario

A Coruña

0
0
x

IES Sofía Casanova

Ferrol

0
x
x

CPI Pl Cabo de Area

Laxe

0
0
x

IES Urbano Lugrís

Malpica de Bergantiños

x
x
x

IES de Melide

Melide

0
x
x

CPI Pl Virxe da Cela

Monfero

0
x
x

CEIP Ramón Artaza y Malvárez

Muros

0
0
x

CEIP de Sigüeiro

Oroso

0
0
x

CEIP Eduardo Pondal

Ponteceso

0
0
x

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Rianxo

0
0
x

CEIP Pl. De Artes

Ribeira

0
0
x

CPI Pl. dos Dices

Rois

0
0
x

IES Arcevispo Xelmírez I

Santiago de Compostela

0
0
x

IES Pl Rosalía de Castro

Santiago de Compostela

0
x
x

CPI de Atios

Valdoviño

x
x
x

IES Cabo Ortegal

Cariño

0
0
x

CEIP Pío XII

Santiago de Compostela

0
0
x

IES Arcebispo Xelmírez II

Santiago de Compostela

x
x
x

IES Ferrol Vello

Ferrol

0
x
x

IES Ricardo Carballo Calero

Ferrol

0
0
x

IES Mugardos

Mugardos

0
0
x

IES Antonio Fraguas Fraguas

Santiago de Compostela

0
0
x

IES Eduardo Pondal

Ponteceso

x
x
x

IES Rafael Dieste

A Coruña

0
0
x

IES David Buján

Cambre

x
x
x

IES María Casares

Oleiros

0
x
x

CRA de Rianxo

Rianxo

0
x
x

CEIP Pl. Ría do Burgo

Culleredo

0
0
x

IES Pl A Cachada

Boiro

0
x
x

IES Afonso X O Sabio

Cambre

0
0
x

IES Eduardo Blanco Amor

Culleredo

0
0
x

IES Fin do Camiño

Fisterra

0
0
x

IES de Fene

Fene

0
0
x

IES de Pastoriza

Arteixo

0
0
x

CEIP Vicente Otero Valcárcel

Carral

0
0
x

Provincia de Lugo:

CPI de Castroverde

Castroverde

0
x
x

CPI Poeta Uxío Novoneyra

Folgoso do Courel

x
x
x

CPI Ramón Piñeiro

Láncara

0
0
x

IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes

Lugo

0
x
x

IES Pl San Rosendo

Mondoñedo

0
0
x

CPI Dr. López Suárez

O Saviñao

0
0
x

IES Monte Castelo

Burela

0
0
x

CPI Tino Grandío

Guntín

0
0
x

IES A Pinguela

Monforte de Lemos

0
0
x

CEIP Pl Santa Rita

Viveiro

0
0
x

Provincia de Ourense:

CEIP Carlos Casares

Xinzo de Limia

0
0
x

CEIP do Xurés

Lobios

0
0
x

IES Ramón Otero Pedrayo

Ourense

0
0
x

CEIP Pl. Ben-Cho-Shey

Vilar de Barrio

0
0
x

CEIP Santa Mª A Real

Entrimo

0
0
x

CPI Padrenda-Crespo

Padrenda

0
0
x

IES O Couto

Ourense

0
x
x

IES Carlos Casares

Viana do Bolo

x
x
x

CRA de Monterrei

Monterrei

0
0
x

Provincia de Pontevedra:

 

CEIP Pl. De Carballedo

Cotobade

0
0
x

IES Ramón Mª Aller Ulloa

Lalín

0
0
x

CPI Mosteiro-Meis

Meis

x
x
x

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

0
0
x

CEIP San Martiño

Pontevedra

0
0
x

CEIP Nosa Señora dos Remedios

Ponteareas

0
0
x

CEIP Pl. Outeiro das Penas

Redondela

0
0
x

CEIP de Reboreda

Redondela

0
0
x

CEIP Pl. A Florida

Sanxenxo

0
0
x

CEIP Pl. Nº 1 de Tui

Tui

0
0
x

IES Politécnico de Vigo

Vigo

0
x
x

IES Laxeiro

Lalín

0
0
x

CEP Pl Santa Tegra-Teis

Vigo

0
0
x

CEIP San Tomé

Cambados

0
0
x

CPI Aurelio Marcelino Rey García

Cuntis

x
x
x

CEIP García Barbón

Vigo

0
0
x

CEIP Espedregada

Poio

0
0
x

CEIP de Laredo

Redondela

0
x
x

CEP Carlos Casares

Salvaterra de Miño

0
x
x

IES A Xunqueira II

Pontevedra

0
x
x

IES Monte Carrasco

Cangas

0
0
x

CEIP de Barrantes

Tomiño

0
0
x

IES de Beade

Vigo

0
0
x

IES Primeiro de Marzo

Baiona

0
x
x

IES Illa San Simón

Redondela

0
0
x

IES Salvaterra do Miño

Salvaterra de Miño

0
x
x

IES Valadares

Vigo

0
0
x

CEE de Panxón

Nigrán

0
x
x

Data de actualización: 07/12/2018