Gardacostas completa a renovación de parte da súa frota con dous novos vehículos para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo
Santiago, 28 de decembro de 2018

O Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, completou a renovación de parte da súa frota con dous novos vehículos para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo. Estes turismos serán empregados tamén para aqueles traballos que se realicen por terra en materia de busca e salvamento marítimo e tamén na loita contra a contaminación. O subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, recepcionou os dous vehículos hoxe en Santiago de Compostela.

Os dous coches recepcionados hoxe súmanse a outros cinco incorporados á frota do organismo dependente da Consellería do Mar a mediados de mes e serán asignados aos servizos centrais do ente público. Esta renovación complementa a realizada en xaneiro deste ano na que se incorporaron dez vehículos ao servizo.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 28/12/2018