Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Ramilo

Finalmente afectou unha superficie de 25 hectáreas de monte raso 

Santiago de Compostela, 1 de xaneiro de 2019

A Consellería do Medio Rural informa da extinción ás 14,46 h. do lume forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Ramilo.

Finalmente a superficie afectada foi de 25 hectáreas de monte raso, todas en Galicia, aínda que nun primeiro momento parecía que o lume se iniciara en Zamora. O incendio comezou ás 23,00 h. de onte e nel traballaron 4 axentes, 7 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 01/01/2019