O delegado da Xunta en Vigo visita as obras de mellora no CEIP Serra Vincios no concello pontevedrés de Gondomar

O representante autonómico tivo oportunidade de supervisar a reforma acometida nos aseos da planta baixa, nos que se investiron preto de 26.000 euros

López-Chaves cifra en 700.000 euros as inversións realizadas nos últimos anos polo Goberno galego nos centros de primaria e secundaria desta localidade

Gondomar (Pontevedra), 9 de xaneiro de 2019
  • whatsapp

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe as obras de mellora no CEIP Serra Vincios no concello pontevedrés de Gondomar. Acompañado polo xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, César Pérez Ares, e o alcalde Francisco Ferreira, tivo oportunidade de comprobar a reforma acometida nos aseos da planta baixa, nos que se investiron preto de 26.000 euros.

O representante autonómico fixo especial fincapé na construción dun aseo adaptado que soluciona os problemas de accesibilidade do alumnado con problemas de mobilidade reducida, un modelo que, segundo especificou o xefe territorial, estenderase, na medida do posible, a toda a rede de centros escolares.

Segundo informou, a Administración autonómica leva investidos no CEIP Serra Vincios máis de 123.000 euros nos últimos anos en melloras de acondicionamento do centro, reparación da cuberta e substitución de ventás. No que atinxe ao resto de centros de primaria e secundaria nesta localidade, López-Chaves elevou a inversión ata os 700.000 baixo o actual goberno na Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 09/01/2019