A Xunta mellorou a eficiencia enerxética no IES Pedregal de Irimia, en Meira, tras rematar a substitución das ventás
Meira (Lugo), 9 de xaneiro de 2019
  • whatsapp

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou esta mañá o IES Pedregal de Irimia, no municipio lugués de Meira, no que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de realizar obras de substitución de ventás para mellorar a eficiencia enerxética.

Estes traballos, executados e rematados na súa última fase durante o período non lectivo de Nadal, afectaron á fachada norte da planta baixa e contaron cun orzamento de 87.500 euros. O obxectivo final, ademais da modernización destes elementos da carpintería exterior do centro é acadar unha mellor climatización das instalacións e un notable aforro nos custos en consumo eléctrico.

As novas fiestras, en aluminio oscilobatente, con rotura de ponte térmica, respectan as dimensións dos ocos existentes, e a cor branca das ventás orixinais. Mellorouse tamén a persiana de aluminio inxectado, ademais dos correspondentes remates de albanelaría.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 09/01/2019