Marisol Díaz Mouteira participa en Ourense no acto de presentación do primeiro selo protestante emitido en España
Ourense, 14 de xaneiro de 2019
  • whatsapp

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá no acto de presentación do primeiro selo protestante emitido en España con motivo da celebración do quinto centenario da Reforma Protestante e o 450 aniversario da Biblia do Oso. O acto tivo lugar no Liceo Recreo Ourensán.

Díaz Mouteira felicitou á comunidade evanxelista por ter logrado que estas dúas efemérides relixiosas fosen recoñecidas por Correos para a emisión dun selo en España, ao igual que anteriormente se fixera noutros países, mesmo no Vaticano.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/01/2019