O Plan de transporte metropolitano da área de Santiago permitiu bonificar en 2018 case 3 millóns de viaxes en autobús, un 5,5% máis que o ano anterior

A área segue a sumar usuarios e se incrementa en case 6,7% o número de novos dispositivo con respecto ao ano anterior, sumando máis de 55.500 tarxetas

No 2018 os usuarios das máis de 8.600 tarxetas Xente Nova realizaron 395.524 viaxes gratuítos, incrementándose no último ano a cifra de mozos con este dispositivo en case un 17%

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue a impulsar este programa social para fomentar o uso do transporte público colectivo ao tempo que se axuda á economía das familias
 

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2019

O Plan de transporte metropolitano da Xunta na área de Santiago permitiu bonificar en 2018 case 3 millóns de viaxes, o que representa máis dun 5,5% máis que o ano anterior.

O transporte metropolitano nesta área segue así a sumar usuarios, incrementándose en case o 6,7% o número de tarxetas activadas ao longo do 2018, que se corresponda cos case 3.500 novos dispositivos. A área de Santiago, segue así a crecer en usuarios con un total de 55.537 tarxetas en vigor ao final do 2018.

En canto aos núcleos de poboación que rexistran máis dispositivos con viaxes bonificados, o municipio de Santiago con case 30.000 tarxetas de transporte metropolitano se sitúa en primeiro lugar seguido de Ames, con 15.756. Os concello de Teo, Oroso e Brión, con 2.663, 2.018 e 1.742 dispositivos, respectivamente, seguen a senda de crecemento de usuarios beneficiados polas viaxes bonificados.

Tarxeta Xente Nova

No balance da evolución do transporte metropolitano cabe salientar tamén os 395.524 viaxes en autobús realizadas polos usuarios das máis de 8.600 tarxetas Xente Nova, das que máis de 1.200 foron expedidas no 2018, e que permitiron aos menores de 19 anos viaxar de xeito gratuíto nos autobuses metropolitanos.

A cifra de mozos usuarios deste dispositivo incrementouse así no último ano en case o 17%. E os mozos que máis viaxes gratuítos realizaron coa tarxeta Xente Nova proceden dos municipio de Ames con más de 169.000, Teo con 45.847 e Compostela con 39.631. En número de viaxes lle seguen os mozos de Oroso, Brión, Boqueixón, O Pino, e Touro con 30.888, 18.715, 12.032, 10.159 e 10.031 respectivamente.

Cómpre lembrar que os bos datos de usuarios e viaxes do programa Xente Nova, activado pola Xunta no verán do 2016, supón o afianzamento da implantación desta nova tarifa que vai dirixida ás persoas con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, incluídos, -tendo en conta que os menores de 4 anos xa viaxan de balde nos autobuses metropolitanos-, que será de cero euros nas viaxes de carácter interurbano realizadas dentro do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.

O obxectivo da iniciativa é facilitar o acceso da mocidade aos servizos básicos como a sanidade ou a educación, fomentando o emprego do transporte público, formando ás novas xeracións no seu uso, ao tempo que se axuda de forma substancial ás economías familiares.

Plan social de transporte

O Plan de Transporte Metropolitano é un programa social impulsado desde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que persegue fomentar o uso do transporte publico colectivo ao tempo que axuda, de xeito importante, á economía das familias.

Coa posta en marcha do Plan a comunidade galega dotouse dun sistema de transporte no que os galegos ademais de obter importantes bonificacións no prezo do billete, tamén poden dispor das vantaxes que lles ofrece un sistema de transporte público eficiente que permite a liberación de espazo físico no centro das cidades; reduce a contaminación; e contribúe á desconxestionar e a unha maior fluidez nos tráficos.

Este plan, que mediante o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano permite descontos medios do 50% nas viaxes interurbanas, achegando a Xunta de Galicia o 80% do financiamento desas bonificacións no prezo do billete e o conxunto dos concellos o 20% restante. A administración autonómica custea tamén as bonificacións adicionais do 15% que se aplican a usuarios frecuentes, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, así como os descontos extra de ata o 50% para familias numerosas.

Especialmente atractiva para os cidadáns é a medida posta en marcha pola Xunta en agosto de 2016: a tarxeta Xente Nova, coa que o transporte interurbano metropolitano é gratis para os menores de 19 anos.

Data de actualización: 10/02/2019