O conselleiro de Sanidade invita ao Ministerio de Sanidade, ás forzas políticas, organizacións sindicais e concellos a contribuír con medidas que sexan beneficiosas para o novo modelo
Expresa a súa gratitude aos participantes nos grupos de mellora para definir propostas e invita a todos os profesionais a continuar participando
Avogou por garantir a accesibilidade á atención no centro de saúde, como “un ben que está no ADN da atención primaria”
-
-
Compartir
-
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, cualificou a creación dos grupos de mellora da atención primaria como unha oportunidade histórica de buscar solucións entre todos. Diante dos asistentes á inauguración das XXII Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria, Almuiña reiterou que hai que aproveitar este “momento ilusionante de cambio” e avogou por “recuperar a ilusión e a transformación do equipo”.
Neste marco, Almuiña destacou a vontade do Goberno galego de apoiar todas as medidas que sexan beneficiosas para a mellora da atención primaria e avogou por garantir a accesibilidade á atención no centro de saúde, como “un ben que está no ADN da atención primaria”. E engadiu que “hai que levarse aos equipos e transformalos, con organizacións máis dinámicas, con liderazgos máis profesionais e menos administrativos”.
O conselleiro de Sanidade reiterou a importancia da coordinación no desenvolvemento dun proceso dinámico no que, apuntou, “necesitamos tamén do Ministerio de Sanidade das forzas políticas e das organización sindicais, dos concellos e por suposto, dos pacientes aos que nos debemos e para quen traballamos”.
O conselleiro de Sanidade agradeceu aos profesionais sanitarios o traballo que están desenvolvendo, e a súa participación dos grupos de mellora ou coa achega de propostas a través do buzón do correo electrónico. Ademáis, Almuiña invitou a todos os profesionais a continuar participando para seguir coa definición das propostas que van constituír o marco de referencia común para o novo modelo da atención primaria.
No acto, Almuiña tamén lembrou as melloras realizadas polo seu departamento nos últimos anos como os esforzos realizados co incremento de prazas MIR e as OPEs anuais, esgotando a taxa máxima de reposición permitida polo Estado.
Outras das medidas postas en marcha na nosa comunidade son a prórroga no servizo activo dos profesionais que así o desexen ata os 70 anos, o concurso de traslados aberto e permanente para atraer profesionais e a mellora das condicións laborais coa reactivación da carreira profesional, con extensión ao persoal temporal.