A Xunta continúa estudando co concello a viabilidade do parque empresarial de Porto do Son

No caso de que se acredite a viabilidade, a Xunta podería encargarse da redacción do plan parcial e da realizacións dos traballos técnicos necesarios para o desenvolvemento do parque

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019
  • whatsapp

Dende 2018 a Xunta de Galicia estuda, conxuntamente co concello, a viabilidade do parque empresarial de Porto do Son e con tal fin mantiveron hoxe unha reunión o director xeral do IGVS, Heriberto García Porto, e o alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo.

O plan sectorial de ordenación de áreas empresariais e o plan xeral de ordenación municipal inclúen un parque empresarial en Porto do Son cuxa viabilidade está a ser estudada conxuntamente entre o IGVS e o concello.

No caso de que o resultado dos traballos acredite que o parque empresarial é viable, o IGVS podería, en aplicación do disposto no artigo 13 da Lei de implantación empresarial, prestar axuda técnica ao concello para o desenvolvemento da actuación.

Dita axuda tería que materializarse nun convenio para que a administración autonómica se encargase de cuestións como a redacción do plan parcial e os traballos técnicos, unha vez acreditada a viabilidade técnica e económica do parque empresarial.

O plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) inclúe un parque empresarial en Porto do Son, cunha superficie total de 243.546 metros cadrados.
 

Data de actualización: 12/02/2019