Román Rodríguez visita o III Fórum do Camiño de Santiago 'Fairway' que reúne en la capital compostelá profesionais de catro continentes
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019
  • whatsapp

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, percorreron esta mañá os diferentes expositores de Fairway, o III Fórum do Camiño de Santiago onde puideron coñecer da man dos seus organizadores o traballo levado a cabo polas empresas, organizacións, institucións e profesionais vinculados á ruta xacobea de 14 países de catro continentes presentes neste encontro que se celebra en Santiago de Compostela.

Durante estes días organizáronse mesas redondas e encontros profesionais que contaron coa participación de, entre outros, a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, o director xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, así como persoal técnico da Consellería de Cultura e Turismo, que abordaron cuestións ao redor dos retos e oportunidades do Xacobeo 21, así como da hospitalidade e o aloxamento no Camiño de Santiago. A Xunta contou ademais cun expositor especifico que se suma aos medio cento que conforman o apartado da feira.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/02/2019