As consultas telefónicas multiplicáronse por catro dende a posta en marcha do servizo, con 2.900.000 citas en 2018

Realizáronse preto de 210.000 intervencións cirúrxicas, 34.208 máis que en 2008

O 53% das cirurxías realizadas en 2018 foron ambulatorias

As consultas médicas non presenciais pasaron das 3.110 de 2008 ata ás 141.725 do ano pasado

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019

O número de consultas telefónicas durante o pasado ano 2018 foi de 2.885.102. As cifras duplicáronse dende hai catro anos, cando comezou esta atención por teléfono (1.253.669 citas en 2014) O total acumulado de consultas telefónicas, dende que se puxo en marcha o servizo, é de 10.809.617, evitándolle ao paciente o traslado ao seu centro de saúde.

En canto as consultas médicas en atención primaria durante o ano 2018 foi de 15.772.676 sumando as de medicina de familia e as de pediatría. Isto significa unha redución dun 13,3% (2.427.478 consultas) respecto ás realizadas no ano 2008 cando se fixeron 18.200.163 consultas.

En canto ao programa Conecta 72 en atención primaria, que garante a continuidade dos coidados dos doentes con alta hospitalaria, contabilizáronse 202.693 consultas durante o ano 2018, cunha porcentaxe de pacientes contactados do 91,86%. Conecta 72, comezou a funcionar en abril do ano 2015. Dende entón e ata decembro de 2018, realizáronse 733.010 consultas telefónicas de seguemento dos pacientes nas 72 horas posteriores á súa alta hospitalaria.

A finais de 2018, a Plataforma tecnolóxica de asistencia domiciliaria Telea contaba con 993 pacientes.

Dentro das consultas de atención primaria cómpre incluír 2.333.446 extraccións que se realizaron nos centros de saúde en 2018 e que evitaron o traslado dos pacientes aos hospitais.

Consultas hospitalarias, probas diagnósticas e actividade cirúrxica

No referente ás consultas médicas nos hospitais, durante o pasado ano leváronse a cabo 4.504.109 respecto das 3.890.076 de 2008 (614.033 máis), e das que 141.789 foron non presenciais respecto ás 3.110 do ano 2008. Este tipo de consultas permiten que o paciente reciba a atención con todas as garantías e calidade sen ter que desprazarse ao hospital.

Con respecto ás probas diagnósticas realizadas entre xaneiro e decembro de 2018 nos centros do Servizo Galego de Saúde, o balance de actividade recolle 3.513.735 probas respecto ás 2.815.618 de 2010 (698.117 máis). A meirande parte da actividade de probas diagnósticas realizadas en 2018 foron radioloxías convencionais, ecografías, TAC e resonancias magnéticas que supoñen o 67% do total.

En canto ás intervencións cirúrxicas, pasáronse das 175.510 de 2008 ata as 209.718 do pasado ano (34.208 máis). Das consultas de 2018 110.359, o 53%, foron ambulatorias (107.710 en 2017) e 99.359 con ingreso (97.567 en 2017). Isto supón que máis da metade das intervencións cirúrxicas realizadas en 2018, non precisaron de ingreso hospitalario dos pacientes. A actividade ambulatoria considérase unha práctica beneficiosa para o paciente ademais de que, complementariamente, conleva unha mellor utilización dos recursos, aumentando os indicadores de resolución.

Na área de transplantes, en 2018 realizáronse 87 máis que en 2008, pasando dos 267 de hai dez anos ata os 354 do ano pasado.

Áreas de urxencias e hospitalización

En 2018 o Sergas atendeu un total de 8.842 urxencias hospitalarias menos que en 2008 (1.021.849 en 2018 e 1.030.691 en 2008).

Rexistráronse ademais en 2018 1.111.377 chamadas ao teléfono 061 de urxencias sanitarias, o que supón 152.514 chamadas máis que en 2008, cando se produciron 958.863. O 061 tamén realizou 436.928 procesos asistenciais durante o ano pasado.

No referido aos ingresos nos centros hospitalarios rexistráronse 243.515 ingresos en 2018, 11.002 máis que no ano 2008, cando houbo 232.513. Mantense un ano máis a tendencia descendente do tempo medio de estancia nos hospitais do Sergas, pasando dos 9,03 días de 2008 ata os 7,76 días a finais do ano pasado.

En canto a actividade dos hospitais de día, realizáronse durante o ano pasado 364.600 sesións, 22.705 máis que en 2017. Respecto á hospitalización a domicilio, o balance de 2018 rexistrou 57.227 visitas, 5.051 visitas máis que durante o ano 2017.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 15/02/2019