Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Lobeira, parroquia de Parada

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 27 hectáreas, das cales 26 son de monte raso e unha de arborado

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2019

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobeira, parroquia de Parada, quedou extinguido ás 00,59 h. desta madrugada. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 27 hectáreas, das cales 26 corresponden a monte raso e unha a arborado.

O lume iniciábase onte ás 16,19 h. e na súa extinción traballaron 2 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 17/02/2019