Ovidio Rodeiro visita o Fórum Gastronómico no que participan 46 empresas galegas grazas ao apoio da Xunta
A Coruña, 11 de marzo de 2019

O delegado territorial da Xunta de A Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá, o Fórum Gastronómico no que a Xunta de Galicia participa apoiando a presenza de 46 empresas galegas a través das Consellerías de Medio Rural, Mar e Economía, Emprego e Industria.

Ovidio Rodeiro destacou o valor engadido que supón para os produtores galegos ter presenza neste evento que é o maior encontro de profesionais do mundo da gastronomía. Neste senso, recalcou “que poñer en contacto aos produtores galegos cos ámbitos da gastronomía e o turismo supón unha oportunidade moi importante para as empresas galegas”.

Concretamente, neste Fórum Gastronómico participan 24 empresas cooexpositoras de diferentes subsectores como a horta, os lácteos, a carne e o viño co apoio da Consellería de Medio Rural. A Consellería do Mar está presente con sete empresas e entidades do sector da transformación do mar e a Consellería de Economía, Emprego e Industria instalou un stand para dar visibilidade a quince empresas dos ámbito da economía social. Concretamente, doce cooperativas, dous centros especiais de emprego e unha empresa de inserción laboral.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/03/2019