Controlado o lume rexistrado no Concello de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, que afecta ao parque natural do Xurés

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada provisional é de 25 hectáreas de monte raso

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2019

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, está controlado.

O incendio, que afecta ao parque natural do Xurés, comezou onte ás 23,49 h. e quedou controlado ás 13,07 h. deste mediodía. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 25 hectáreas de monte raso. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No lugar traballan 3 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 24/03/2019