A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Umia ao seu paso polos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo no treito interurbano deste río, no perímetro do encoro da Baxe

As obras centraranse na xestión da biomasa dentro da zona, e comprende traballos de roza nas beiras dos camiños perimetrais e mantemento de zonas de plantación

A actuación da Xunta enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, e as súas zonas de acceso e protección

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no río Umia aos seu paso polos concello de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo no treito interurbano deste río, no perímetro do encoro da Baxe.

As obras centraranse na xestión da biomasa dentro da zona, e comprende traballos de roza nas beiras dos camiños perimetrais e mantemento de zonas de plantación.

O Goberno galego desenvolve estas accións no marco do programa de conservación, mantemento e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 07/05/2019