A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Barbelas e Pontellas ao seu paso polo concello de Cerdido

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos do río, nas parroquias de Cerdido (San Martiño) e Barqueira (Santo Antonio)

A actuación de Augas de Galicia comeza no río Barbelas e esténdese ao longo de máis de 9 quilómetros, e no Pontellas intervirase nun tramo de máis de 5,5

Os traballos consiste na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes do río, así como da madeira morta existente

Esta intervención enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte, que desenvolve o Goberno galego

Augas de Galicia continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río
 

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación nos río Barbelas e Pontellas, ao seu paso polo concello de Cerdido.

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos deste ríos ao seu paso polas parroquias de Cerdido (San Martiño) e Barqueira (Santo Antonio), respectivamente.

A actuación comezou polo río Barbelas e estenderase ao longo dun treito do río de algo máis de 9 km, e no río Pontellas intervirase nun tramo de máis de 5,5 Km.

As obras centraranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas acción se enmarcan no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 09/05/2019