Ángeles Vázquez asiste ao pregón XXVIII Festa do Melindre de Melide
Melide (A Coruña), 12 de maio de 2019

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistiu esta ao pregón da XXVIII Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide, actos nos que estivo acompañada pola directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez. Unha cita gastronómica que ten por obxectivo poñer en valor, protexer e recuperar este exemplo da repostería tradicional deste concello e da comarca, elaborado a base de xema de ovo, fariña e azucre.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/05/2019