A Consellería de Educación recoñece 43 iniciativas de centros de formación profesional cos premios a proxectos de innovación

O obxectivo dos galardóns é impulsar iniciativas e proxectos innovadores na FP, ao tempo que se favorece a relación coas empresas da contorna

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional. A través dela recoñécese a calidade dun total de 43 proxectos de centros de ensino das 4 provincias galegas. A dotación económica total para estes premios ascendeu a 800.000 euros.

O obxectivo desta convocatoria é impulsar iniciativas e proxectos innovadores no ámbito da FP, ao tempo que se fomenta a colaboración con empresas e institucións do seu contorno e con outros centros educativos e se favorece o emprendemento e a aparición de novas iniciativas empresariais, especialmente aquelas que sexan susceptibles de pórse en marcha na Rede galega de viveiros de empresa.

Modalidade A

A convocatoria estrutúrase en dúas modalidades. A primeira delas está destinada a proxectos que teñan como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica, que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos. As iniciativas debían estar orientadas a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo, así como ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.

Nesta modalidade resultaron premiados os seguintes proxectos:

 

Centro coordinador
Nome do proxecto

IES Monte Neme

(Carballo)
Simulador Industria 4.0 e loT
CIFP Ferrolterra
(Ferrol)

Sistema de antena paraa comunicación con Estación Espacial Internacional (ISS)

CIFP Ferrolterra

(Ferrol)
Enerxihaus: casa pasiva contenerizada
CIFP Ferrolterra
(Ferrol)

Transformación de vehículo de combustión a vehículo eléctrico

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)

Desenvolvemento dunhaaplicación móbil plurilingüe de recursos turísticos paraa comarca de Ferrol

IES de Melide (Melide)

Mesa adaptada para alumnado cunha mobilidade comprometida

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago)
Tecnoloxía extractiva para a camelia
IES de Ortigueira (Ortigueira)

ZAN_in construción dunha zanfona

IES Fraga do Eume (Pontedeume)

Aproveitamento dos residuos xerados na elaboración de cervexa artesá para a fabricación de produtos con valor engadido

CIFP Imaxe e Son
(A Coruña)

Deseño e construción dun “line-array” profesional adaptado para uso educativo

CIFP As Mercedes

(Lugo)
Mellora das condicións ambientais e da eficiencia das granxas de porcino
CIFP As Mercedes
(Lugo)
Adaptación a GLP dun motor aeronáutico e fabricación dunha bancada de probas

IES de Foz (Foz)

Kahvehvan, o café da FP na rúa
CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

Rachando barreiras cas novas tecnoloxías

IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña)
Bomba undimotriz.
IES Montecelo (Pontevedra)

AQUAMÓBIL ADAPT

IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)

Valorización do bagazo da uva coa elaboración de produtos cosméticos e de alimentación

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Tradición e Innovación dos produtos derivados do millo Galego

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Cultivo e comercialización de flores comestibles e de litoral

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Control de calidade en algas para a elaboración de cosmética natural biosaudable

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Economía circular baseada nos residuos do CIFP Manuel Antonio

Modalidade B

No caso da segunda das modalidades, os proxectos debían ter como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Neste sentido, pedíase que estivesen orientados á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas, e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais debían ser doadamente trasladables a outros centros educativos onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.

Nesta modalidade resultaron premiados os seguintes proxectos:

 

Centro coordinador
Proxecto
IES Monte Neme (Carballo)
nanoEDICIÓNSmobil
CIFP Ferrolterra (Ferrol)
Coñecendo o Sistema Solar en Ferrolterra
CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Gasodomésticos: creación dunha aula móbil para a posta en marcha, o mantemento,a reparación e adecuación de aparellos de gas

CIFP Ferrolterra (Ferrol)
Maqueta alineamiento de eixes e montaxe e desmontaxe de rodamentos

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)

Aprendizaxe ubicua dos fundamentos dos sistemas operativos mediante simulación de algoritmos en escenarios personalizados

IES Leixa (Ferrol)

Etaboleiro. Taboleiro de novas dixitais

CIFP Coroso (Ribeira)

Entrenador de rexímenes de neutro, con notificación de alarmas mediante APP/email

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago)

Robótica colaborativa en procesos de fabricación flexible para a industria 4.0

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago)
Adestrador modular de redes telemáticas con IoT integrado
CIFP Compostela (Santiago)
Aula multisensorial.
IES Nº 1 (Ordes)

Fabricación de maqueta didáctica do sistema eléctrico do Renault Scenic con realidade aumentada mediante codigos QR

CIFP Imaxe e Son (A Coruña)
Elaboración de materiais de produción de videoxogos
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

Adestradores didácticos de control industrial. Iiot

CIFP As Mercedes (Lugo)

Panel de simulación de instrumentos de aviación con electrónica analóxica e dixital

IES María Sarmiento (Viveiro)

Banco de ensaio da máquina asíncrona con captura de datos, control PROFINET e visualización HMI

de datos, control PROFINET e visualización HMI

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

Construción dunha maqueta didáctica para simular o automatismo dunha estación de tratamento de augas potabilizadora (ETAP)

CIFP A Carballeira- Marcos Valcárcel (Ourense)

Técnicas análiticas aplicables no sector alimentario

CIFP Portovello (Ourense)
Smart Commerce: innovación dixital no comercio local
CIFP Manuel Antonio (Vigo)
Xadrez educativo na FP Básica
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)
Procesos de dixitalización, impresión 3D e fabricación mecánica
IES Chan do Monte (Marín)

Sistema de planificación de recursos empresariais ODOO: módulos de contabilidade, facturación, almacén, recursos humanos, CRM e tenda de comercio electrónico

CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)
Impresoras cartesianas 4.0 de gran formato con aplicacións gastronómicas
Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/05/2019