Ildefonso de la Campa asiste á posta en escena do grupo teatral Méndez Núñez, formado por persoas con discapacidade
Pontevedra, 14 de maio de 2019

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu esta tarde á posta en escena do grupo de teatro Méndez Núñez, integrado por persoas con discapacidade da Asociación Virgen de la O. A representación tivo lugar no Teatro Principal da cidade do Lérez.

Esta actividade enmárcase dentro dos actos conmemorativos do 30 aniversario do Centro Méndez Núñez, entidade que apoia a persoas con diversidade funcional e que traballa con elas en diferentes áreas: ocupacional, educativa, deportiva e de lecer.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/05/2019