Valentín García asiste ao acto literario do Día das Letras Galegas da USC
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2019

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao mediodía en representación da Consellería de Cultura e Turismo ao acto literario do Día das Letras Galegas que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrou no salón nobre do Colexio de Fonseca e no que a profesora titular do departamento de Filosofía e Antropoloxía María Nieves Herrero Pérez pronunciou a conferencia Antonio Fraguas: a cultura como forma de vida.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 15/05/2019