A Xunta adxudica dez vivendas de promoción pública na cidade de Pontevedra

Ao longo da próxima semana comunicarase aos adxudicatarios, que poderán visitar as vivendas antes de trasladar a súa aceptación ao Instituto Galego de Vivenda e Solo

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019

A Xunta de Galicia, a través da Comisión Provincial de Vivenda, adxudicou hoxe un total de dez vivendas de promoción pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Cidade de Pontevedra. Concretamente, estes inmobles están emprazadas nos barrios de Monteporreiro e Valdecorvos. En todos os casos son vivendas recuperadas polo IGVS, despois de que os anteriores adxudicatarios das mesmas rescindisen os seus contratos.

Sete das vivendas adxudicadas dispoñen de tres dormitorios, dúas son de dous dormitorios e unha das vivendas dispón dun só dormitorio.

A adxudicación das mesmas realizouse -a través dun sorteo- entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivendas.

Na próxima semana, o Instituto Galego da Vivenda e Solo comunicará aos adxudicatarios a asignación de cada vivenda neste proceso para que poidan visitalas e confirmar o seu interese nas mesmas. No caso de que algún adxudicatario renuncie á vivenda, esta pasará a corresponderlle á primeira persoa que se atope na lista de espera.

Data de actualización: 16/05/2019