Díaz Mouteira participa na romaría Raigame que se celebra con motivo do Día das Letras Galegas e que este ano se dedica ás feiras e ao gando
Celanova (Ourense), 17 de maio de 2019

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na XVIII romaría Raigame, a festa etnográfica que se desenvolve todos os anos en Vilanova dos Infantes, coincidindo coa celebración do Día das Legras Galegas. Raigame dedica esta edición ás feiras ao longo dos séculos XIX e XX e ao gando, e conta coa representación dunha feira de gando e coa mostra de exemplares das diferentes razas autóctonas gandeiras.

Esta romaría, organizada pola Deputación de Ourense e o Concello de Celanova e declarada festa de Interese turístico de Galicia, recoñece este ano co premio "Adolfo Enríquez" á Coral de Ruada polos seus cen anos de historia.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 17/05/2019