A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen dous incendios nos concellos de Boiro e San Cristovo de Cea

No que vai de ano, un total de 37 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019

Axentes da Policía Autonómica e axentes forestais veñen de esclarecer dous incendios nos concellos de Boiro e San Cristovo de Cea.

No caso do concello de San Cristovo de Cea, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado día 13 de maio, no lugar de Biduedo, parroquia e concello de San Cristovo de Cea, no que arderon 0,16 Has de superficie rasa. O lume foi orixinado por mor do lanzamento de artefactos pirotécnicos, os cales ao caer ao chan tras o estouro, prenderon lume na vexetación existente no lugar. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda do Carballiño.

Pola súa banda, no concello do Boiro, o Grupo de Incendios desta Xefatura de Santiago, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV-Barbanza, esclareceron un incendio ocorrido o pasado día 6 de maio do ano en curso na parroquia de Cures, Concello de Boiro, afectando a unha superficie de 0,04 Has. de superficie arborada. Dito lume foi provocado por unha anomalía na liña eléctrica que transcorre polo referido lugar. As dilixencias por dito feito foron remitidas ao Xulgado de Garda de Ribeira.


Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 37 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.