A Xunta reafirmase no seu compromiso na loita contra a violencia de xénero cun curso impartido á avogacía da quenda de oficio

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na inauguración do curso de acceso e formación en violencia de xénero

Galicia é pioneira en contar cun decreto de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal da administración

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou este luns na inauguración do curso de acceso e formación continuada en violencia de xénero para os letrados e letradas da quenda de oficio. No salón de grados da facultade de Dereito de Santiago de Compostela, López Abella, recordou que Galicia é pioneira en contar cun decreto de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal da Administración.

Este curso ten como obxectivo proporcionar coñecementos útiles e necesarios nunha materia tan importante e complexa como é a violencia de xénero. O Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero recolle o impulso da formación dos distintos axentes que garanta a mellor resposta asistencial. López Abella explicou que para ofrecer ás vítimas de violencia de xénero a mellor asistencia posible é necesario que se amplíe a formación especializada de todos os profesionais que interveñen na prevención, protección e axuda ás vítimas.

É por iso ineludible, segundo a secretaria xeral da Igualdade, seguir promovendo a formación de todos os profesionais implicados. Por elo, Galicia é pioneira no estado en contar cun decreto de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal da Administración da comunidade autónoma.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/05/2019