A Axega e o Agasp reciben a visita dun grupo da Brigada Galicia VII - Brilat interesado nos medios e servicios de emerxencias galegos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, acompañaron o grupo de 55 persoas formado por alumnos e docentes da Brigada Galicia VII - Brilat

Na base impártense cursos relacionados cas emerxencias e consideraron de interese didáctico coñecer as instalacións, medios e servicios cos que conta tanto a Axega, a Agasps e o 112 e 061

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2019

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, acompañaron esta mañá un grupo de 55 persoas da Brigada Galicia VI - Brilat interesados nos medios e servicios das emerxencias galegas.

Na base General Morillo Brilat impártense cursos relacionados ca seguridade, o transporte sanitario e as catástrofes con múltiples vítimas, e os responsables consideraron de interese didáctico coñecer as instalacións que dependen da Xunta de Galicia.

O número total de visitantes foi de 55 persoas, un grupo formado por alumnos, docentes e coordinadores, e capitaneada polo Tenente Coronel da Brigada Galicia VI - Brilat, Sergio Liberto Calpena. A visita comezou coa visita ó 112 e o 061, e posteriormente á Axencia Galega De Emerxencias. Por último, o grupo visitou a Academia Galega de Seguridade Pública.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/05/2019