Fabiola García coñece os diferentes servizos que Ilunion presta ás persoas dependentes en toda España
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2019

A conselleira de Política Social, Fabiola García, coñeceu da man do director xeral de Ilunion Sociosanitario, Joaquín Leizaola, os servizos de atención a persoas dependentes que xestionan en toda España. Fíxoo esta mañá nun encontro que mantiveron no despacho da conselleira en San Caetano.

Ilunion Sociosanitario pertence ao grupo de empresas sociais da Once e a súa Fundación e desenvolve a súa actividade no sector dos servizos sociais. Así mesmo, xestiona diferentes recursos neste eido como residencias de maiores, centros de día, atención psicosocial ou terapia ocupacional domiciliaria, entre outros.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/05/2019