A mostra 'Os nove anos de Fraguas en Lugo' exhíbese en Santiago no marco da programación institucional da Xunta
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2019

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da mostra Os nove anos de Fraguas en Lugo, que se exhibe desde hoxe no IES compostelán Rosalía de Castro impulsada polo colectivo Egeria e por Galicia Dixital co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia. A mostra intégrana 12 paneis e compleméntase cun libro que recompila textos dos antigos alumnos impulsores da iniciativa, Manuel Regueiro Tenreiro, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, canda os doutras amizades, e constitúe un achegamento á pegada que o mestre Fraguas deixou na cidade das murallas e co web fraguasenlugo.org.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/05/2019