As Feiras do Libro de Galicia recalan en Cambados por primeira vez en máis de dúas décadas ata o 22 de xuño

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á inauguración desta cita cultural de referencia para autores e lectores

As seguintes paradas no calendario serán Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos

Cambados (Pontevedra), 19 de xuño de 2019

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de Cambados, que permanecerá aberta ao público ata o día 22 de xuño. Trátase dunha cita que regresa á vila pontevedresa por primeira vez en máis de dúas décadas e que constitúe un evento de referencia para autores e lectores, ao incluírse no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019.

Cambados é a novena parada do calendario destas feiras e o seu programa inclúe presentacións de libros, charlas coloquios, concertos e actividades infantís.

A feira recalará proximamente en Vigo, onde estará entre o 27 de xuño e 6 de xullo. As próximas citas serán nos municipios de Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e a localidade de Rianxo, entre o 25 e o 28 de xullo. Pecharase a edición do 2019, xa no mes de agosto, na Coruña, desde o 1 ata o día 11; en Viveiro, do día 14 ao 18; en Foz, entre o 22 e o 25; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 28 ao 31.

Data de actualización: 19/06/2019