Miranda visita o Centro Galego de Castellón e o anima a seguir difundindo a cultura galega
Castellón, 12 de xullo de 2019

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou este mediodía o Centro Galego de Castellón “O Aturuxo”, onde mantivo un encontro coa súa directiva e os seus socios. A continuación, o responsable do departamento autonómico desprazarase ata Valencia, cidade na que visitará as instalacións do Centro Galego da capital valenciana, e ata Alacante, onde mañá participará na celebración do Día de Galicia. Nelas terá oportunidade de reunirse cos responsables e usuarios da entidade e animaraas a seguir difundindo a cultura galega entre a colectividade de orixe galega.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/07/2019