A Xunta entrega as chaves ás 28 asociacións que ocuparán os locais do edificio de Benito Corbal

As beneficiarias resultaron elixidas a través dunha convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

Pontevedra, 15 de xullo de 2019

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participaron hoxe no acto de entrega de chaves ás 28 asociacións que ocuparán os locais das plantas terceira e cuarta do edificio de Benito Corbal.

Durante o acto, explicáronse aos representantes das asociacións os prazos previstos, o regulamento interno, a lista de agarda para as entidades excluídas e outra información de interese. Todas as entidades que resultaron beneficiarias resultaron elixidas a través dun proceso convocado en réxime de concorrencia competitiva, e segundo os criterios establecidos de xeito público nas bases da convocatoria.

Froito deste proceso de selección, resultaron elixidas: a Asociación para a loita contra enfermidades do ril (ALCER); Rede Madre; Fundación Meniños; Asociación española contra o cáncer, Xunta provincial de Pontevedra (AACC); Fundación Amigos de Galicia; Cruz Vermella Española; Acción solidaria de Galicia; Asociación amigos e amigas do Camiño Portugués de Santiago (AACPS); Asociación montañeiros A Roelo (Aromon); Asociación sociosanitaria de enfermidades inflamatorias intestinais e ostomizados (ASSEII); Os de algures; Sete Espadelas; Asociación de diagnosticadas de cáncer de mama (Adicam); Asociación de persoas xordas de Pontevedra (APXP); Amigos de Pontevedra; Asociación galega contra as enfermidades neuromusculares (ASEM Galicia); Agrupación folklórica Celme; Peña da boina; Sociedade deportiva Teucro Pontevedra; Xoga, Asociación provincial amas de casa e consumidores Rías Baixas; Confraría Nosa Señora do Refuxio A Divina Peregrina; Asociación cultural Trepia; Ateneo Pontevedra; Asociación Jóvenes Empresarios Pontevedra (AJE PO); Asociación Oficina de voluntariado; Club Waterpolo PO; e Asociación de párkinson da provincia de Pontevedra.

En total, 28 entidades que farán uso dos 26 locais habilitados para este fin. Isto é posible porque dous dos locais serán compartidos: un deles pola asociación A Roelo e ASSEI; e outro pola asociación Os de algures e Sete Espadelas, por outra.

Reforma do edificio de Benito Corbal

O novo e reformado edificio de Benito Corbal inaugurouse o mes pasado. Grazas a un orzamento total de preto de 5 millóns de euros, púxose en marcha unha infraestrutura que levará ao centro da cidade oficinas de emprego, espazo para asociacións, para a Universidade e para a futura fundación Manuel Moldes.

Esta reforma forma parte dun compromiso máis amplo da Xunta coa cidade de Pontevedra, onde se están rematando os novos edificios xudiciais da Parda, cun orzamento duns 20 millóns de euros; a rehabilitación da Ponte da Barca; a estación intermodal de Pontevedra, ou o Gran Montecelo.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 15/07/2019