A Xunta impulsa a dinamización da lectura a través de axudas a 29 bibliotecas municipais da comarca da Coruña

A dotación orzamentaria deste programa da Consellería de Cultura e Turismo na comarca da Coruña beneficia a 16 concellos e ascende a preto de 30.000 euros

As actividades incluídas nesta iniciativa son moi diversas, desde obradoiros creativos, narración oral, divulgación do coñecemento, audiovisual na biblioteca ou actividades de dinamización con música, teatro e danza, entre outras
 

A Coruña, 18 de xullo de 2019

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución das axudas a entidades locais para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e axencias de lectura de titularidade municipal das que se beneficiarán un total 29 centros da comarca da Coruña en 16 concellos.

Estes centros recibirán preto de 30.000 euros destinados á realización de actividades de animación á lectura no marco do programa Ler conta moito, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal.

Para optar a estas axudas, as bibliotecas ou axencias de lectura teñen que estar adheridas a este programa mediante o cal poñen a disposición dos profesionais dinamizadores as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento efectivo de cada actividade contratada, organizar puntualmente cada función e colaborar nas accións complementarias ás actividades para o seu maior aproveitamento por parte dos usuarios.

O importe concedido a cada concello, superior a 1000 euros para cada unha das bibliotecas ou axencia beneficiarias, deberase empregar para financiar o 75% do custo de cada unha das actividades e deberase financiar con fondos propios o 25% restante.

As actividades incluídas nesta iniciativa son moi diversas, desde obradoiros creativos, narración oral, divulgación do coñecemento, audiovisual na biblioteca ou actividades de dinamización con música, teatro e danza, entre outros. Todas estas iniciativas están dirixidas a públicos específicos, como bebés de 0 a 3 anos, mozos e adultos e desenvolveranse ata o 27 de outubro de 2019.
 

 

CONCELLO
BIBLIOTECA
CANTIDADE CONCEDIDA
Abegondo

Biblioteca Pública Municipal de Abegondo

1.026,31 €
 
Aranga

Axencia de Lectura Municipal de Aranga

1.026,31 €
 
Arteixo

Biblioteca Pública Municipal Henrique Rabuñal de Arteixo

1.026,31 €
 
Arteixo

Biblioteca Pública Municipal Antón Castro de Meicende

1.026,31 €
 
Arteixo

Biblioteca Pública Municipal Dora Vázquez de Oseiro

1.026,31 €
 
Arteixo

Biblioteca Pública Municipal Miguel Sande de Pastoriza

1.026,31 €
 
Arteixo

Biblioteca Pública Municipal Francisco A. Vidal do Froxel

1.026,31 €
 
Bergondo

Axencia de Lectura Municipal de Bergondo

1.026,31 €
 
Betanzos

Biblioteca Pública Municipal A. Castelao

1.026,31 €
 
Cambre

Biblioteca Pública Municipal Central de Cambre

1.026,31 €
 
Cambre

Biblioteca Pública Municipal Templarios do Temple

1.026,31 €
 
Cambre

Biblioteca Pública Municipal Xabier P. Docampo da Barcala

1.026,31 €
 
Carral

Biblioteca Pública Municipal de Carral

1.026,31 €
 
Culleredo

Biblioteca Pública Municipal M.G.Garcés

1.026,31 €
 
Culleredo

Axencia de Lectura Municipal Cardeso Liñares

1.026,31 €
 
Curtis

Biblioteca Pública Municipal de Teixeiro

1.026,31 €
 
Irixoa

Biblioteca Pública Municipal de Irixoa

1.026,31 €
 
Mesía

Axencia de Lectura Municipal Victoria Armesto

1.026,31 €
 
Miño

Biblioteca Pública Municipal de Miño

1.026,31 €
 
Oleiros

Biblioteca Pública Municipal Central Rialeda de Perillo

1.026,31 €
 
Oleiros

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz

1.026,31 €
 
Oleiros

Biblioteca Pública Municipal María José Ruso de Dorneda

1.026,31 €
 
Oleiros

Biblioteca Pública Municipal María José Trincado de Mera

1.026,31 €
 
Oleiros

Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros

1.026,31 €
 
Oleiros

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole de Nós

1.026,31 €
 
Oleiros

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño de Lorbé

1.026,31 €
 
Paderne

Biblioteca Pública Municipal de Paderne

1.026,31 €
 
Sada

Biblioteca Pública Municipal Ramón Suárez Picallo

1.026,31 €
 
Vilasantar

Axencia de Lectura Municipal de Vilasantar

1.026,31 €
 
TOTAL
 
29.762,99 €
 
Data de actualización: 18/07/2019