A Xunta concede doce axudas a concellos para a promoción do uso do galego na comarca de Santiago

Os concellos beneficiarios teñen a posibilidade de imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019 e o prazo para xustificar as axudas rematará o vindeiro 21 de outubro

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución das axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 15 de marzo de 2019.

Un total de 13 concellos de Santiago e a mancomunidade de Ordes recibirán ditas axudas, que se distribúen entre as entidades locais que as solicitaron, ben individualmente, ben agrupadas con outras ata alcanzar os 3000 habitantes mínimos que esixía a convocatoria.

Con este apoio da Xunta de Galicia, as entidades beneficiarias prestaranlle á poboación servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades obxecto de subvención: a creación dunha unidade técnica de traballo, o mantemento das xa existentes ou a implementación de programas de dinamización lingüística.

A contía asignada a esta comarca é de máis de 50.000 euros. Os concellos beneficiarios teñen a posibilidade de imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019 e o prazo para xustificar as axudas rematará o vindeiro 21 de outubro.

Con esta resolución, créanse dous novos servizos lingüísticos e apóiase a continuidade da actividade doutras 35 unidades técnicas de traballo que lles dan cobertura a un total de 42 concellos en Galicia.

De máis a máis, as subvencións contribúen ao financiamento de diferentes programas de dinamización en 35 municipios que reciben a axuda para desenvolver actividades ou campañas de promoción do uso do galego, en concreto aquelas que redunden nos ámbitos da perspectiva de xénero e da igualdade, dos servizos sociais, do tecido económico e empresarial, do deporte, das TIC e da mocidade, en consonancia co Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 que está a desenvolver a Xunta de Galicia e co Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022 que a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou recentemente no Parlamento de Galicia.

 

Entidade

Modalidade

Importe

AGRUPAMENTO DA BAÑA E NEGREIRA

Mantemento dun Servizo Lingüístico

6.554,00 €

AGRUPAMENTO DOS CONCELLOS DE ROIS E DODRO

Mantemento dun Servizo Lingüístico

4.557,00 €

CONCELLO DE AMES

Mantemento dun Servizo Lingüístico

7.421,00 €

CONCELLO DE ARZÚA

Mantemento dun Servizo Lingüístico

4.747,00 €

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

Mantemento dun Servizo Lingüístico

5.009,00 €

CONCELLO DE MELIDE

Mantemento dun Servizo Lingüístico

3.525,00 €

CONCELLO DE PADRÓN

Desenvolvemento de dinamización lingüística

1.967,00 €

CONCELLO DE SANTA COMBA

Mantemento dun Servizo Lingüístico

4.453,00 €

CONCELLO DE TEO

Mantemento dun Servizo Lingüístico

5.017,00 €

CONCELLO DE VEDRA

Desenvolvemento de dinamización lingüística

1.410,00 €

CONCELLO DO PINO

Desenvolvemento de dinamización lingüística

371,00 €

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

Mantemento dun Servizo Lingüístico

6.514,00 €
TOTAL
 

51.545,00 €

Data de actualización: 19/07/2019