A Xunta pon en valor a contribución da Romaxe Viquinga do Vicedo para enriquecer a oferta turística da Mariña Lucense en verán

O secretario xeral de Política Lingüística e a directora de Turismo de Galicia participaron hoxe na presentación da cuarta edición desta festividade

Celebrarase na praia de San Román do concello mariñao os días 26 e 27 de xullo

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, participou hoxe na presentación en Santiago de Compostela da IV Romaxe Viquinga do Vicedo (Lugo), que se celebrará na praia de San Román deste concello mariñao os días 26 e 27 de xullo e que contará no seu cartel coa actuación Terras de Queimada, do Bruxo Queiman.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiron ao acto onde puxeron en valor o papel desta festividade en Galicia. Como explicou Nava Castro, é unha celebración “que chegou para quedarse” e que nas súas catro edicións está a demostrar ser un impulso para a oferta turística da Mariña lucense durante o verán, un destino que está a evolucionar moi positivamente nos últimos anos. De feito, en 2018 foi A Mariña Lucense foi o segundo xeodestino que máis medrou.

Participaron canda eles na presentación, que acolleu o Pazo de San Roque, o alcalde do Vicedo, Jesús Novo, e mais Andrea Pousa e Enrique Domínguez, Queiman e Pousa, coordinadores artísticos do evento.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 19/07/2019