A Xunta condena o asasinato dunha muller no concello de Vilalba

O Goberno galego recorda que as vítimas da violencia de xénero teñen á súa disposición o teléfono 016, gratuíto e confidencial

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2019

A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica condena ante o asasinato dunha muller en Vilalba, que se está investigando como un posible delito de violencia de xénero.

O Goberno galego manifesta a súa consternación ante este crime e fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra esta repudiable lacra.

As vítimas teñen á súa disposición o teléfono 016, un teléfono gratuíto que garante a confidencialidade, xa que non queda pegada na factura telefónica. Ademais, froito dun acordo entre a Xunta e o Goberno central, as chamadas que se produzan desde o 016 dende o ámbito territorial de Galicia derívanse automaticamente ao telefono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria o precise.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/07/2019