O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu a este encontro que se celebrou na carballeira das Ermidas
A Xunta salienta a importancia das persoas maiores no presente e futuro de Galicia na xuntanza da terceira idade da Lama

O Goberno galego seguirá a impulsar a participación destas persoas e os recursos de proximidade que lles garantan unha atención de calidade

A Lama (Pontevedra), 4 de agosto de 2019

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, salientou hoxe a importancia das persoas maiores no presente e futuro de Galicia durante a XXIII Xuntanza da Terceira Idade do concello da Lama. O evento desenvolveuse na carballeira das Ermidas.

Ildefonso de la Campa apuntou que a Galicia actual non se podería entender sen os nosos maiores, polo que avogou porque estes continúen a ter un papel activo en todos os ámbitos da sociedade. Neste sentido, defendeu a necesidade de continuar a impulsar iniciativas de benestar e envellecemento activo, coa finalidade de garantir tamén unha maior calidade de vida e benestar.

Por último, reiterou o compromiso da Xunta por prestar cada vez máis e mellores servizos dirixidos ás galegas e galegos de máis idade que viven en concellos de menor tamaño e de carácter rural, coa finalidade de que non teñan que desprazarse longas distancias para acceder a eles. Neste obxectivo enmarcou a posta en marcha de iniciativas como RedMay, a través do que se ofertan de maneira gratuíta servizos de optimetría, podoloxía, estimulación da memoria e de apoio; as Casas do Maior, que funcionan como pequenos centros de día no rural; ou o programa Xantar na Casa, co que se leva aos domicilios das persoas usuarias un menú san e equilibrado os 365 días do ano.

Data de actualización: 04/08/2019